January 17, 2011

Esperando o Esquecemento

Mañás confusas, horas perdidas nun vacio, 
nun espazo estraño e á súa vez familiar.
Raro espertar de entresueños retortos, 
soños aventureiros, liberadores; 
viaxes, mulleres, revolución e asasinato.   
Imaxines pasaxeiras.
A realidade reaparece sen aínda abrir ou pechar os ollos.
Aí está ao acaparar todo, tomando posesión ao baixar o meu garda.

Si, xa o se que terminou. Estaba visto. 
Ela noutro mundo, el suo, 
novo, impetuoso, facilmente impresionable, suicida. 
Case, case inocente, mais non. 
Cheo de curvas e perigos. 
O meu fose igual, pero hoxe xa marcado polo tempo. 
Cheo de malas costumes, 
curtido de maldade, calculante, sospeitoso, atrincheirado polas dúbidas.

Non é a primeira vez, nin será a última, 
pero igual agora, neste momento terminal e constante esta só ela. 
Mais xa sen voz, sen corpo, sen calor. 
Só unha obstinada impresión esperando pacientemente o golpe de graza do tempo.

Adrián Boutureira
Galicia-1993

YOUR COMMENTS (click here):

Post a Comment